COÑOCE OS TEUS DEREITOS
Dereito a información laboral
Tes dereito a ser informado, antes da túa contratación, sobre tódolos aspectos da túa relación laboral coa
Empresa de Traballo Temporal, así como da actividade para desenvolver na empresa usuaria.
Dereito a información sobre riscos
Tes dereito a ser informado, antes de comezar a traballar, das medidas de prevención e protección
adoptadas ante os posibles riscos do teu posto de traballo.
Dereito de formación
Tes dereito a recibi-la formación adecuada sobre seguridade e hixiene para o posto de traballo que vas
desenvolver.
Dereito a igualdade de condicións en seguridade laboral
Tes dereito a te-lo mesmo nivel de protección e igual trato na seguridade e saúde laboral que teñan os
traballadores da empresa usuaria no desempeño do teu posto de traballo.
Dereito a Seguridade Social
Tes dereito a estar dado de alta na Seguridade Social desde o comezo da túa relación laboral.
Dereito a asinar un contrato de traballo
Tes dereito a asinar un contrato coa Empresa de Traballo Temporal no que se recollan tódalas condicións
pactadas, antes do comezo do teu traballo.
Dereito a igual retribución
Tes dereito a percibir, como mínimo, a retribución total establecida para o posto de traballo a desenvolver
no convenio colectivo aplicable á empresa usuaria.
Dereito a indemnización ó remate do contrato
Tes dereito a percibir, ademais, unha indemnización económica á finalización do teu contrato, equivalente
á parte proporcional da cantidade que resultaría de aboar doce días de salario por cada ano de traballo.
Dereito ó uso das instalacións colectivas da empresa usuaria
Tes dereito a utiliza-lo transporte e as instalacións colectivas da empresa usuaria mentres dure o teu
contrato.
Dereito a ser atendido nas túas reclamacións
Tes dereito a expoñer e a ser atendido ante as túas posibles dúbidas, queixas, reclamacións e suxestións
a través do sistema implantado na túa Empresa de Traballo Temporal.
Estes son os teus dereitos segundo a lexislación vixente
Esíxeos